Ir o contido principal

Recepción ao PTXAS e PDI xubilado no curso 2024-2025

23.07.2025 | 13.30h

Salón Nobre

A cerimonia será no Colexio de Fonseca. Foto: Santi Alvite
A cerimonia será no Colexio de Fonseca. Foto: Santi Alvite

O reitor da Universidade de Santiago, Antonio López, preside o mércores 23, ás 13.30 horas no Salón Nobre do Colexio de Fonseca, o acto de Recepción ao PTXAS e PDI xubilado no curso 2024-2025. Estará acompañado na mesa polo vicerreitor de Profesorado, Ernesto Xosé González Seoane, e polo xerente, Javier Ferreira.

Intervirán, ademais, Gracia M. Frutos Martinez, en representación do PTXAS; e José Vázquez Tato, polo Campus de Lugo, e Isabel Rodríguez-Moldes Rey, polo de Compostela, en representación do PDI. 

Con este acto a USC quere recoñecer a traxectoria profesional dos 107 membros do profesorado e do persoal técnico de xestión e administración de servizos que se xubilaron no curso académico que agora remata.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 22.07.2025.