10.07.2025 | 17.00h

A segunda sesión do ciclo CineFilo estará dedicada á artista estadounidense Suzan Pitt. Presentadas por Itziar Burruel de Larrañaga, estudante de Lingua e Literaturas Modernas (mención en francés), serán proxectadas Asparagus (1979) e Joy Street (1995), dúas das súas curtametraxes animadas de estética surrealista.
As proxeccións serán o 7 de outubro no Salón de Actos da Facultade de Filoloxía en horario de 17:00 a 20:00 horas. A entrada é de balde e aberta a todos os públicos.
