Ir o contido principal

Ciclo CineFilo

Proxección das curtas 'Asparagus' e 'Joy Street', de Suzan Pitt

07.10.2025 | 17.00h

Santiago de Compostela
Salón de Actos

As proxeccións serán no Salón de Actos da Facultade de Filoloxía. Foto: Santi Alvite
As proxeccións serán no Salón de Actos da Facultade de Filoloxía. Foto: Santi Alvite

A segunda sesión do ciclo CineFilo estará dedicada á artista estadounidense Suzan Pitt. Presentadas por Itziar Burruel de Larrañaga, estudante de Lingua e Literaturas Modernas (mención en francés), serán proxectadas Asparagus (1979) e Joy Street (1995), dúas das súas curtametraxes animadas de estética surrealista.

As proxeccións serán o 7 de outubro no Salón de Actos da Facultade de Filoloxía en horario de 17:00 a 20:00 horas. A entrada é de balde e aberta a todos os públicos.
 

Cartel da sesión
Cartel da sesión
Os contidos desta páxina actualizáronse o 25.09.2025.