Skip to main content

O profesor José Castillo recibirá en Fonseca o premio Nóvoa Santos

O profesor José Castillo Sánchez recibirá este xoves 28 o premio Nóvoa Santos da Asociación de Médicos Gallegos (ASOMEGA) e que este ano alcanza a súa décimo novena edición. A entrega celebrarase a partir das 20.00 horas no Salón Nobre do Colexio de Fonseca. Este galardón busca destacar a personalidades relevantes galegas ou directamente vinculadas a Galicia, do ámbito médico e sanitario cuxo labor profesional ou científico teña alcanzado repercusión nacional ou internacional e especificamente de proxección cara Galicia.

Catedrático e director do Departamento de Medicina da USC José Castillo Sánchez é xefe do Servizo de Neuroloxía e director da Área de Xestión de Neurociencias do Hospital Clínico de Santiago de Compostela. Ademais é director científico do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago (IDIS). Na concesión do premio, Asomega destacou o “gran valor docente e investigador” do profesor Castillo ao longo da súa traxectoria profesional, ademais do seu destacado labor asistencial. O xurado tamén destacou a contribución do premiado ao desenvolvemento da súa especialidade en España e á transmisión dos seus coñecementos a outros profesionais grazas a súa vertente docente.

The contents of this page were updated on 01.28.2016.