Skip to main content

Presentación do IV Campus de Verán Xuvenciencia este xoves na Vicerreitoría de Coordinación de Lugo

Cartaz do campus de verán Xuvenciencia
Cartaz do campus de verán Xuvenciencia

O vicerreitor de Coordinación do campus de Lugo, Javier Bueno Lema, presentará este xoves 21 de abril, ás 12.30 horas, na sala de prensa da Vicerreitoría de Coordinación do campus de Lugo, a cuarta edición do Campus de Verán Xuvenciencia, un programa promovido polo grupo de investigación homónimo da USC e a través do que se pretende poñer ao alumnado de ensinanzas medias en contacto directo coas diversas ramas científicas, tecnolóxicas, socias humanísticas e coa contorna universitaria do campus lugués.

A profesora da USC e coordinadora grupo de investigación Xuvenciencia da USC, Mercedes Novo, intervirá na presentación da nova edición dun campus de verán, que se desenvolverá do 26 de xuño ao 2 de xullo de 2016, para explicar as novidades incorporadas a un programa que conta con financiamento da Deputación e do Concello de Lugo.

The contents of this page were updated on 04.20.2016.