As causas do ‘decrescimento’ centra este mércores unha nova sesión dos Encontros de Lúa Chea na EPS de Enxeñaría de Lugo

Os Encontros de Lúa Chea, un programa de encontros informais organizados polo colectivo Proxéctate en Galego para divulgar contidos académicos transversais de interese xeral ou de actualidade universitaria, tratarán este mércores 27 de febreiro, a partir das 19.00 horas, na cafetería da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría do campus de Lugo, a temática do ‘.
A sesión, de acceso libre e de balde para todo o público interesados, desenvolverase baixo o título ‘Por que o decrescimento?’. A profesora da área de Economía Agraria na EPS de Enxeñaría da USC Mar Pérez Fra situará a temática da sesión, ao tempo que presentará ao tamén docente Carlos Taibo, profesor de Ciencia Política na Autónoma de Madrid, que afondarán sobre esta temática nas na súa exposición.
O tema de debate escollido para esta nova xornada dos Encontros de Lúa Chea pretende achegar respostas á aseveración provocativa de “podemos vivir mellor con menos’, que servirá para abrir a discusión. Fronte a esta afirmación cómpre facer unha reflexión sobre os recursos naturais, que son limitados, a pesar de que sobre a Terra viven cada vez máis persoas e que, en principio, todas elas teñen dereito a unha calidade de vida semellante. Ante este feito xorden preguntas como que vai pasar cos recursos naturais e co medio ambiente cando todas esas persoas pretendan acceder a uns estándares de vida e consumo occidentais?
A teoría do decrecemento propón unha solución para este dilema. Esta corrente de pensamento propón que as poboación dos países ricos reduzan a súa actividade económica, produtiva e de consumo para permitir a outras sociedades mellorar so seu nivel de benestar. Esta transformación non ten por que significar vivir peor, senón que pode supoñer unha oportunidade de recuperar hábitos de vida e valores máis sinxelos, baseados no social e na proximidade, que foron os que historicamente contribuíron á felicidade do ser humano.