Skip to main content

Apertura oficial da sétima edición Yuzz en Santiago con 25 emprendedores

Participan neste acto institucional, ás 17.00 horas no Edificio Emprendia, o reitor da USC e o director de Santander Universidades España

A sétima edición Yuzz de impulso do talento e a xeración de ideas innovadoras celebra na tarde deste martes 16 a súa apertura oficial cun acto institucional na sede do Centro Yuzz Santiago, no Edificio Emprendia (Campus Vida), ao que asistirán os 25 emprendedores seleccionados entre máis de 2.600 de toda España que participarán os vindeiros cinco meses neste programa de formación e asesoramento para elaborar plans de negocio baseados en ideas de base tecnolóxica.

Na apertura oficial, que terá lugar ás 17.00 horas, participarán o reitor da USC, Juan Viaño Rey; o director de Santander Universidades España, Pedro Alonso; a presidenta da Delegación de Secot (Voluntariado Senior de Asesoramiento Empresarial) da Coruña, Aurea López Tocino; o responsable de Innovación CISE (Centro Internacional Santander Emprendimiento), Rafael Ruíz Bada; e a secretaria xeral de Emprego da Xunta de Galicia, Covadonga Toca Carús. Interviñeron ademais en representación dos participantes Andrea Aguilella, promotora de ENEATRIL, e Adrián Canedo, CTO de SITUM, gañador do 1º Premio Nacional V Edición Yuzz.

Silicon Valley
Unha vez finalizado o proceso de formación e asesoramento, os mellores de cada un dos centros YUZZ viaxarán a Silicon Valley, onde se lles brindará acceso a foros de financiamento, asesoramento e contacto con investidores. Os tres mellores proxectos recibirán unha dotación económica para axudarlles a poñer en marcha o seu negocio: 30.000 € para o primeiro premio, 20.000 € para o segundo e 10.000 € para o terceiro. Ademais, este ano súmanse dous novos premios, o Yuzz Mujer dotado con 20.000 € e o YUZZ Fintech de tecnoloxía financeira.

O Centro Yuzz Santiago obtivo xa dous galardóns nacionais: o segundo premio na IV Convocatoria Yuzz foi para o proxecto Looar, unha start up que ofrece solucións NFC para Smart Cities; e o primeiro na quinta edición foi para a spin off da Universidade de Santiago SITUM (xeolocalización de interiores).

The contents of this page were updated on 02.15.2016.