Presentación da xornada ‘Ciencia aplicada á cociña e á industria alimentaria’ na Vicerreitoría de Coordinación de Lugo
A catedrática de Tecnoloxía dos Alimentos da USC, Ángeles Romero, presentará este xoves 18 de febreiro, ás 12.30 horas, na Vicerreitoría de Coordinación do campus de Lugo, as xornadas ‘Ciencia aplicada á cociña e á industria alimentaria’, un foro monográfico que se desenvolverá no IES Sanxillao da capital luguesa do 29 de febreiro ao 4 de marzo.
O vicerreitor de Coordinación do campus de Lugo, Javier Bueno; a directora do IES Sanxillao, María Ángela Gómez Doval; a concelleira de Cultura do Concello de Lugo, Carmen Basadre, e a deputada delegada da área de Economía da Deputación Provincial de Lugo, Pilar García Porto, tamén participarán no acto de presentación destas xornadas monográficas, promovidas pola USC en colaboración coa empresa especializada en análises sensoriais Tastelab.