Skip to main content

O prazo para participar no X Premio de Relato Curto da Asociación de Antigos Alumnos e Amigos da USC remata o 15 de febreiro

A Asociación de Antigos Alumnos e Amigos da USC (Alumni USC) mantén aberto ata o 15 de febreiro o prazo para presentar traballos á décima edición do Premio de Relato Curto. O tema do texto proposto será de libre elección e deberá ser inédito e redactado en lingua galega. A extensión máxima será de sete folios mecanografados a dobre espazo en DIN A4 e a unha cara, en corpo 12 de Times New Roman.

Os traballos enviaranse por correo certificado á sede da Asociación na Casa da Concha, rúa da Conga, 1 (15704 Santiago de Compostela). Os relatos presentaranse necesariamente baixo un pseudónimo acompañando a tal fin un sobre pechado en cuxo interior se engadirá unha folla co nome e apelidos do/a autor/a, enderezo postal, número de teléfono e dirección de correo electrónico.

The contents of this page were updated on 01.21.2016.