Skip to main content

Comeza a matrícula nos cursos de idiomas do CLM do segundo semestre

Comeza a matrícula nos cursos de idiomas do CLM do segundo semestre
Comeza a matrícula nos cursos de idiomas do CLM do segundo semestre

O Centro de Linguas Modernas da USC abre este sábado 23 a matrícula por internet en todos os cursos do segundo semestre agás o de español como lingua estranxeira (ELE), cuxo prazo comezará o 11 de febreiro. Quen desexe matricularse debe facer a proba de clasificación, que pecha a inscrición o 26 de xaneiro.

Os cursos de linguas estranxeiras teñen 40 horas presenciais e dez de traballo autónomo tutelado, que quedará reflectido nas certificacións. Así, o alumnado obterá por un curso semestral 2 créditos ECTS cando cumpra os requisitos da normativa da USC.

Como novidade, no Campus de Santiago estréase un curso de 30 horas de Comunicación Oral en inglés para as persoas que teñen problemas con esa lingua en nivel B1.

Proba CCSE
O Centro de Linguas Modernas da USC convocou este ano por vez primeira, en colaboración co Instituto Cervantes, as probas de coñecementos institucionais e socioculturais de España (Proba CCSE) que celebran o primeiro exame o vindeiro día 28.

Esta proba, xunto coa superación do exame do Diploma de Español como Lingua Estranxeira (DELE) do nivel A2 ou superior, forma parte dos requisitos obrigatorios para a obtención da nacionalidade española por residencia. O Centro de Linguas Modernas da USC converteuse no centro examinador das probas DELE en 1992 e das probas CCSE en 2015.

The contents of this page were updated on 01.22.2016.