Skip to main content

Xornada sobre a comunicación entre médico e paciente nas enfermidades graves

A Unidade de Asesoramento e Apoio Médico-Psicolóxico da USC e a Asociación de Usuarios do Servizo de Oncoloxía do CHUS (AUSO-CHUS) organizan este xoves 28 a primeira sesión do ciclo ‘ Conversas dende o cine’, que nesta ocasión estará dedicada á ética na comunicación médico-paciente nas enfermidades graves.

Dirixida a médicos, asociacións de pacientes, estudantes e público en xeral, o tema tratarase nunha mesa redonda a partir dunha selección comentada de escenas do filme ‘Wit (Amar a vida)’, dirixido por Mike Nichols e interpretado por Emma Thompson e Christopher Lloyd. Conta a vida dunha prestixiosa profesora universitaria que imparte poesía anglosaxona, dende que lle diagnostican un cancro terminal e descobre que lle queda pouco tempo de vida.

Na mesa participarán, ás 19.15 horas na Facultade de Medicina, a profesora de Ética e Comunicación na Facultade de Medicina da USC, Isabel Salazar Bernard; o doutor Barón Duarte, do Servizo de Oncoloxía do CHUS; a médico de Familia Paula Antelo; e un membro da AUSO-CHUS.

The contents of this page were updated on 01.26.2016.