Skip to main content

Presentación do proxecto de iniciación ao deporte para persoas con TEA impulsado por Capaces Lugo, Lucus Caixa Rural e USC

O Servizo de Participación e Integración Universitaria da USC, a asociación Capaces Lugo, que agrupa a familias de persoas que presentan trastornos de espectro autista (TEA) e de trastornos de comunicación, o Clube de Atletismo Lucus Caixa Rural Galega, presentan este mércores, ás 11.30 horas, na Vicerreitoría de Coordinación do campus de Lugo un proxecto para fomentar a participación de persoas con trastornos de espectro autista (TEA) en actividades deportivas como o atletismo.

A vicerreitora de Servizos Universitarios do campus de Lugo, Carme Silva Domínguez; a presidenta do Clube de Atletismo Lucus Caixa Rural Galega, Erika Arribas Rodríguez, e María Mosquera Carbón, en representación da directiva da asociación Capaces Lugo, participarán na presentación deste proxecto, cuxas actividades se desenvolverán ao longo do segundo semestre do curso 2015-2016.

The contents of this page were updated on 01.26.2016.