Skip to main content

O I Concurso de Nadal da Asociación de Amigos do Museo de Historia Natural da USC xa ten gañadores

Traballo de Ánxela Maneiro Pérez 'Minerais na nosa vida', gañador do concurso na categoría de 5 a 8 anos
Traballo de Ánxela Maneiro Pérez 'Minerais na nosa vida', gañador do concurso na categoría de 5 a 8 anos

A Asociación de Amigos do Museo de Historia Natural da USC xa ten gañadores do seu I Concurso de Nadal, que establecía catro premios en función do tramo de idade. Os sesenta e tres traballos presentados, a maioría entre 9 e 17 anos, tiveron como temática común os minerais.

Na categoría de 5 a 8 anos resultou vencedora Ánxela Maneiro Pérez, de 8, polo seu traballo Minerais na nosa vida . Na segunda categoría, de 9 a 13, gañou David Gutiérrez Fernández, de 11 anos, por Talco, óxido de ferro e serpentina . Sergio García Coira, un rapaz de 14 anos, venceu co traballo Azurita e, finalmente, na categoría de 18 anos ou máis a gañadora foi Begoña Moreiras España por Diamantes .

O xurado estivo formado pola xunta directiva da Asociación: a vicepresidenta e directora do Museo, Mabel Fraga; o tesoureiro, Roberto Almuiña Díaz; o secretario, Francisco Caamaño Isorna; e os vogais Rosario García-Echave López, José Luis Veiga Goy, Adela Vázquez Vázquez, Manuel Sanmartín Durán e Felipe Bárcena Varela de Limia.

Todos os gañadores levarán como premio unha tablet, que será entregada o día 23 de febreiro nun acto que presidirá o reitor ás 19.00 horas no propio museo.

The contents of this page were updated on 02.01.2016.