Skip to main content

Presentación do libro Resistir no escenario. Cara a unha historia institucional do teatro galego

A escritora, crítica teatral e profesora na Escola Superior de Arte Dramática de Galicia Inmaculada López Silva presenta este mércores 2 a súa obra Resistir no escenario. Cara a unha historia institucional do teatro galego.

Na presentación, ás 11.00 horas na Sala de Prensa do Colexio de Fonseca, a autora estará acompañada do secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo; e do director do Servizo de Publicacións e Intercambio Científico da USC, Juan L. Blanco.

A monografía, editada conxuntamente pola USC e a Xunta de Galicia, explora o teatro galego actual a través dun relato que dá conta da capacidade das xentes do teatro para incidir no seu propio destino como artistas e mais da de todos e todas para definir o teatro galego da maneira máis útil e eficaz.

The contents of this page were updated on 03.01.2016.