Skip to main content

A USC transfire tecnoloxía ao sector agrario cun foro sobre custos de produción de vacún de leite no Campus Terra

Participantes no seminario sobre cuestos de produción de vacún de leite, no Cactus
Participantes no seminario sobre cuestos de produción de vacún de leite, no Cactus
O grupo de investigación Proepla, con sede na Escola Politécnica Superior, colabora Oficina Comarcal Agraria de Lugo na organización deste seminario

O Campus Terra da USC contribúe á trasnferencia de tecnoloxía ao sector agrario coa celebración dun seminario sobre custos de produción de vacún leite, unha sesión formativa e de divulgación promovida pola Oficina Comarcal Agraria de Lugo en colaboración co grupo de investigación Proxectos e Planificación (Proepla) da USC, que cita a preto de medio centenar de gandeiros, cooperativas, técnicos e produtores no edificio

A fondar no coñecemento sobre as ferramentas e metodoloxías para coñecer os custos que a produción primaria do leite teñen na cornixa cantábrica e poder aplicalo de forma efectiva en cada unha das granxas, é un dos obxectivos deste programa, segundo sinalou o coordinador do grupo Proepla da USC, o profesor Manuel Francisco Marey, fixo fincapé en que este aspecto é básico para facer máis eficientes as explotacións de vacún de leite nun mercado cada vez máis cambiante. A xornada, estruturada en varias mesas de debate, comezou cunha análise da actividade que están a realizar as organizacións e os produtores. Interviñeron como relatores neste foro a responsable de calidade e innovación alimentaria de Agaca, María Rey Campos; os responsables de xestión técnica das cooperativas Seragro, Os Irmandiños e CAP da Coruña, Gonzalo Gómez, Rubén García e Juan Freire, respectivamente; Álvaro García, técnico de Unións Agrarias, e o xerente do Ligal, Roberto Lorenzana. O profesor da USC Francisco Sineiro; o investigador do CIAM Mabegondo César Resch; dous representantes de Uninovi e Ibán Vázquez, de Cifa, abordaron a realidade do sector de vacún de leite na cornixa cantábrica. A xornada continuou en quenda de tarde con dúas novas sesións de debate, centradas nos novos elementos de tecnolóxicos e na orientación da innovación no sector.

The contents of this page were updated on 11.18.2016.