A USC transfire tecnoloxía ao sector agrario cun foro sobre custos de produción de vacún de leite no Campus Terra

O Campus Terra da USC contribúe á trasnferencia de tecnoloxía ao sector agrario coa celebración dun seminario sobre custos de produción de vacún leite, unha sesión formativa e de divulgación promovida pola Oficina Comarcal Agraria de Lugo en colaboración co grupo de investigación Proxectos e Planificación (Proepla) da USC, que cita a preto de medio centenar de gandeiros, cooperativas, técnicos e produtores no edificio
A fondar no coñecemento sobre as ferramentas e metodoloxías para coñecer os custos que a produción primaria do leite teñen na cornixa cantábrica e poder aplicalo de forma efectiva en cada unha das granxas, é un dos obxectivos deste programa, segundo sinalou o coordinador do grupo Proepla da USC, o profesor Manuel Francisco Marey, fixo fincapé en que este aspecto é básico para facer máis eficientes as explotacións de vacún de leite nun mercado cada vez máis cambiante. A xornada, estruturada en varias mesas de debate, comezou cunha análise da actividade que están a realizar as organizacións e os produtores. Interviñeron como relatores neste foro a responsable de calidade e innovación alimentaria de Agaca, María Rey Campos; os responsables de xestión técnica das cooperativas Seragro, Os Irmandiños e CAP da Coruña, Gonzalo Gómez, Rubén García e Juan Freire, respectivamente; Álvaro García, técnico de Unións Agrarias, e o xerente do Ligal, Roberto Lorenzana. O profesor da USC Francisco Sineiro; o investigador do CIAM Mabegondo César Resch; dous representantes de Uninovi e Ibán Vázquez, de Cifa, abordaron a realidade do sector de vacún de leite na cornixa cantábrica. A xornada continuou en quenda de tarde con dúas novas sesións de debate, centradas nos novos elementos de tecnolóxicos e na orientación da innovación no sector.