Skip to main content

Aberta a preinscrición no curso de perfeccionamento en Xestión da información en Traballo Social

Dotar os traballadores e as traballadoras sociais da capacidade para obter a información máis pertinente para satisfacer unha necesidade de información concreta é o cometido do curso de perfeccionamento en Xestión da Información en Traballo Social que coordina o grupo Gis-T Idega da USC. O curso, cuxa preinscrición remata o vindeiro 16 de marzo, desenvolverase do 14 de abril ao 29 de maio e a el pode acceder quen posúa un título de primeiro ou segundo ciclo e estudantes que estean cursando o grao de Traballo Social e títulos afíns do campo das Humanidades e Ciencias Sociais. Tamén profesionais relacionados cos estudos sen titulación universitaria sempre que cumpran os requisitos legais establecidos.

The contents of this page were updated on 02.27.2015.