Skip to main content

O XV Festival de Teatro Grecolatino citará no auditorio Gustavo Freire de Lugo do 2 ao 4 de marzo estudantes galegos e leoneses

O certame, organizado pola Sección Galega da Sociedade Española de Estudos Clásicos, que preside a profesora da USC Cecilia Criado, diríxese a alumnado de ensino medio

O XV Festival de Teatro Grecolatino, un certame organizado pola Sección Galega da Sociedade Española de Estudos Clásicos (SEECGalicia), que preside a profesora da USC Cecilia Criado Boado, citará os días 2, 3 e 4 de marzo no auditorio municipal Gustavo Freire de Lugo, estudantes de ensinanzas medias procedentes de distintos centros educativos das catro provincias galegas, así como doutras localidades leonesas.

Este certame permite poñer en contacto os estudantes de ensino secundario con obras dramáticas da antigüidade clásica a través de representacións teatrais e tamén do traballo previo que desenvolven nas aulas alumnado e profesorado. Esta iniciativa, que botou a andar hai xa tres lustros, está totalmente consolidada e, ao longo deste tempo, tense convertido nun proxecto pedagóxico de referencia no que participan miles de estudantes. A demanda crecente de alumnado rexistrada pola comisión organizadora do Festival de Teatro Grecolatino propiciou que esta nova edición contemple inclúa unha nova sede. Así, ademais de Lugo, onde se desenvolverán as representacións programadas os días 2, 3 e 4 de marzo, Ourense tamén acubillará o 9 de marzo a representación das distintas pezas incluídas no festival. O programa do XV Festival de Teatro Grecolatino inclúe a posta en escena das obras ‘Edipo Rey’ e ‘ Antígona’, de Sófocles, así como ‘Bacantes’, de Eurípides, e ‘Cestita’ e ‘Miles Gloriosus’, de Plauto.

The contents of this page were updated on 02.27.2015.