Skip to main content

O Trío Cassadó pecha o mércores 18 o Ciclo Tríos de Beethoven cun concerto na Casa do Saber de Lugo

O Trío Cassadó, integrado por Yulia Petrushevskaya (violín), Thomas Piel (violonchelo) e Javier Vila (piano), pechará o mércores 18 de febreiro o Ciclo Tríos de Beethoven cun concerto de música de cámara no auditorio da Casa do Saber de Lugo, un escenario no que interpretará composicións de Ludwing van Beethoven e Gaspar Cassadó.

O concerto de peche do ciclo de tríos de Beethoven forma parte do programa ‘Músicas a carón da Mosqueira 2015’, promovido e financiado no marco do convenio Lugo Cultural 2015, un proxecto a prol da difusión da cultura no que colaboran Deputación e Concello de Lugo, ademais da USC. O programa que interpretarán os músicos do Trío Cassadó neste concerto está formado por dúas composición de Beethoven, tales como o son Trío para piano, violín e violoncello en Si bemol maior po.97 "Archiduke", e Trío para piano, violín e violoncello en Sol Maior op.1 No.2, ademais do Trío para piano, violín e violoncello en Do Maior, de Gaspar Cassadó.

O concerto, cuxa entrada é de balde para todos os públicos ata completar o aforo do auditorio da Casa do Saber de Lugo, desenvolverase a partir das 20.00 horas.

The contents of this page were updated on 02.16.2015.