Skip to main content

Música en Compostela entrega á USC o seu Diploma e Medalla de Honra

O reitor Juan Viaño recollerá este xoves 13 o Diploma e Medalla de Honra que os cursos Música en Compostela lle outorgaron á USC en recoñecemento ao apoio prestado a este curso internacional de música ao longo da súa historia. O acto de entrega celebrarase este xoves no transcurso do concerto que alumnado da convocatoria 2015 ofrecerá na Igrexa de San Paio de Antealtares a partir das 20.00 horas. Este ano, Música en Compostela celebra a súa edición número 58 mantendo o seu obxectivo de difundir en todos os países do mundo a música española.

The contents of this page were updated on 08.12.2015.