Skip to main content

Especialistas de redes estatais e internacionais en tratamento de augas debaten no CEA da USC as novas estratexias e prioridades

Os novos escenarios mundiais modificaron substancialmente o paradigma do sector de tratamento de augas, promovendo o desenvolvemento de sistemas que aseguren una óptima xestión da calidade, dos recursos e a conservación dos ecosistemas naturais. Para debater as novas estratexias e prioridades no ámbito das tecnoloxías de tratamento de augas residuais destacados especialistas na materia reúnense este xoves 9 no Centro de Estudos Avanzados (Parque Vista Alegre) da Universidade de Santiago. Para os expertos non só é importante alcanzar altos niveis de eficacia senón tamén considerar aqueles tratamentos que aseguren mínimos impactos ambientais. A xestión coordinada das augas depuradas coas augas superficiais e subterráneas inclúe iniciativas de reutilización de correntes para o seu uso como augas de rego e/ou recarga de acuíferos. Tamén establecen como aspectos prioritarios os tratamentos con baixos consumos e custes enerxéticos, a minimización da produción de lodos así como a potencial recuperación de nutrientes e outros recursos. O taller, que comezará ás 10.00 horas cunha presentación por parte da profesora da USC Maite Moreira, reúne membros de diversas redes e plataformas estatais e internacionais. Así, intervirá a continuación o profesor Juan Lema, que presentará a Rede REGATA da USC que el mesmo coordina. Pola súa banda, o coordinadorda Rede META da Universidade de Oviedo, Mario Díaz, ´falará das tendencias de investigación en España neste eido mentres que José Antonio Gómez explicará os obxectivos da Plataforma Tecnolóxica Española da Auga no tratamento de augas. A xornada continuará cos intervención de Aurora Seco, que explicará aos asistentes as oportunidades do programa European Innovation Partnership on Water, no que participa Ángeles Blanco, que falará de solución innovadoras para a xestión sostible da auga. O encontro conta tamén coa participación do responsable da Water Supply and Sanitation Technology Platform, Tomás Michel, que dedicará a súa charla ás prioridades empresariais europeas en innovación de tratamento de augas. Remata o obradoiro coas intervencións de Miguel A. Gilarranz sobre a iniciativa ‘Joint Program Initiative Water’ e do profesor da USC Juan Lema, que explicará a estrutura e obxectivos da COST Action Water 2020 que coordina.

The contents of this page were updated on 04.08.2015.