Skip to main content

Unha sesión sobre programas de prácticas profesionais achega ao estudantado información sobre diferentes convocatorias

Unha sesión dedicada aos ‘Programas de prácticas para a iniciación profesional’ dará conta dos principais programas dirixidos ao estudantado e a titulados e tituladas universitarias que convocan diferentes organismos tanto no ámbito nacional como no internacional. Esta é unha actividade do ciclo de xornadas que desenvolve a USC en materia de orientación laboral e que se van celebrar o próximo 15 de abril en horario de 10.00 a 12.00 horas na Casa Jimena e Elisa Fernández de la Vega. As persoas interesadas en asistir a estas actividades gratuítas deberán inscribirse na web da Área de Orientación Laboral e Emprego do Campus de Compostela. A seguinte charla deste ciclo celebrarase o mércores 22 e estará dedicada á preparación dun currículo eficaz, ofrecendo claves para elaboralo en funcións dos intereses pretendidos e cómo optimizar a información que contén para conseguir unha maior visibilización. Nesta nova cita do programa de actividades de orientación laboral da USC achegará tamén diferentes recursos para elaborar un currículo 2.0. Xa no mes de maio haberá novas oportunidades de asistir ás dúas últimas sesións formativas que sobre prácticas e preparación do currículo se van desenvolver.

The contents of this page were updated on 04.09.2015.