Rematan no CLM os exames da primeira convocatoria anual do Diploma de Español como Lingua Estranxeira
Unha nova quenda de 34 alumnos e alumnas internacionais da USC rematan este venres no Centro de Linguas Modernas (CLM) os exames correspondentes ao Diploma de Español como Lingua Estranxeira (DELE), título do Instituto Cervantes que acredita o grao de competencia e dominio do idioma español. Esta é a primeira das convocatorias anuais do DELE que acolle a USC, xa que haberá unha segunda oportunidade no mes de novembro. O CLM é centro examinador deste Diploma dende 1992, tempo no que se teñen examinado na Universidade de Santiago máis dun millar de persoas.