Skip to main content

A USC proclámase campioa galega universitaria de orientación por equipos

Representantes das tres universidades nun instante da entrega de premios na modalidade por equipos
Representantes das tres universidades nun instante da entrega de premios na modalidade por equipos

O equipo da USC proclamouse campión galego universitario de Orientación na competición disputada recentemente no Pedroso en Compostela coa presenza de medio centenar de representantes das tres universidades galegas. Na clasificación individual, Concepción Bello acadou o bronce na modalidade feminina e Miguel Pernas a prata na masculina. A orientación é unha modalidade que cada vez conta con máis practicantes que deben demostrar unha boa condición física e unha igualmente destacada capacidade de orientación.

The contents of this page were updated on 04.17.2015.