Skip to main content

Aberto o prazo para presentar comunicacións á III Xornada Universitaria Galega en Xénero

As oficinas de igualdade das tres universidades galegas organizan unha nova Xornada Universitaria Galega en Xénero (XUGeX) que nesta terceira edición terá lugar o 5 de xuño na Facultade de Belas Artes de Pontevedra. O prazo para presentar comunicacións estará aberto ata o 6 de maio. Este ano a xornada –de carácter gratuíta– achégase, dende unha perspectiva crítica e multidisciplinar, aos retos que se formulan nos estudos de xénero e nos feminismos do século XXI. As comunicacións completas deberanse enviar aos enderezos electrónicos (segundo a área temática elixida) igualdade [at] uvigo.es (igualdade[at]uvigo[dot]es), para a Área de Xénero e desenvolvemento sostible; oficina.igualdade [at] udc.es (oficina[dot]igualdade[at]udc[dot]es) da área de Corpos e corporalidades en crise; e a oix [at] usc.es (oix[at]usc[dot]es) se é da na área Violencia de xénero: persistencia e novas formas.

The contents of this page were updated on 04.21.2015.