Skip to main content

Dúo de violíns e piano na Casa do Saber, no marco do ciclo Músicas a carón da Mosqueira 2015

De esquerda a dereita, Delgado, Zelaia e Mirakyan
De esquerda a dereita, Delgado, Zelaia e Mirakyan
O concerto de música de cámara comezará ás 20.00 horas e a entrada será libre e de balde ata completar aforo

Os violinistas Julen Zalaia e Laura Delgado, acompañados ao piano da armenia Anna Mirakyan, ofrecerán este martes 21 de abril, a partir das 20.00 horas, no auditorio da Casa do Saber, un concerto durante o que interpretarán sonatas de Jean-Marie Leclair, Beethoven ou Eugène Ysaÿe, ademais doutras composicións de Jean Sibelius e Pablo de Sarasate.

Este concerto de novos intérpretes de violín e piano está incluído no ciclo Músicas a carón da Mosqueira 2015, un programa de música de cámara organizado ao abeiro do convenio Lugo Cultural, financiado con achegas da USC, Concello de Lugo e Deputación Provincial e Lugo.

A actuación deste dúo de violíns acompañados de piano desenvolverase a partir das 20.00 horas no auditorio da Casa do Saber de Lugo. A entrada, do mesmo xeito que todas as iniciativas e proxectos promovidos ao abeiro do Lugo Cultural, é libre e de balde para todo o público interesado ata completar o aforo.

The contents of this page were updated on 04.20.2015.