Skip to main content

Acto de imposición de becas e entrega de diplomas a estudantes estranxeiros na residencia universitaria Jesús Bal y Gay

Estudantes e autoridades académicas, no acto académico da residencia Jesús Bal y Gay
Estudantes e autoridades académicas, no acto académico da residencia Jesús Bal y Gay

A residencia universitaria Jesús Bal y Gay do campus de Lugo da USC rendeu a súa particular homenaxe aos estudantes aloxados no centro desde ha tres anos no marco un acto académico, durante o que se procedeu á imposición de becas aos universitarios con máis antigüidade no centro, así como tamén se entregaron diplomas acreditativos a preto dunha decena de estudantes estranxeiros residentes no centro universitario.

A vicerreitora de Servizos Universitarios do campus de Lugo, Carme Silva, presidiu a celebración dunha emotiva sesión académica, na que tamén participaron como relatores a directora da residencia universitaria, Paula Vázquez Rodríguez; así como o subdirector do centro, Javier Prieto Pérez, e David Novo Pantín, en calidade de representante da promoción de estudantes . O enxeñeiro forestal e primeiro subdirector da antiga residencia universitaria Acea de Olga, hoxe Jesús Bal y Gay, Antonio Cueto Rodríguez, actuou como padriño da promoción nunha sesión que logo sería clausurada polo vicerreitor de Coordinación, Javier Bueno, e durante a que se distinguiu coa beca de honra da residencia Jesús Bal y Gay á directora do grupo ‘Tik Teatro, Laura García Recio, pola súa contribución á dinamización da vida cultura, en xeral, e da actividade teatral, en particular, neste centro dependente do Servizo de Residencias da USC.

The contents of this page were updated on 04.24.2015.