Skip to main content

Os Indicadores Sintéticos do Sistema Universitario Español sitúan a USC no posto 12 de 59 universidades

Os Indicadores Sintéticos do Sistema Universitario Español sitúan a USC no posto 12 de 59 universidades
Os Indicadores Sintéticos do Sistema Universitario Español sitúan a USC no posto 12 de 59 universidades

De entre 59 universidades públicas e privadas de toda España, a de Santiago emprázase no posto doce do ránking ISSUE-V, unha clasificación que resulta de analizar o volume total de resultados –docentes, de investigación e de innovación e desenvolvemento tecnolóxico das universidades españolas- e no que se ten en conta o tamaño da institución analizada e a produtividade de cada unha delas. Este é unha das distintas clasificacións presentadas no documento Rankings ISSUE (Indicadores Sintéticos del Sistema Universitario Español) que en 2015 alcanza a súa terceira edición e que propón unha ordenación das universidades tanto polo seu volume de resultados (ISSUE-V) como pola súa produtividade (ISSUE-P), valorando o efecto do tamaño dos campus. Esta clasificación é unha iniciativa da Fundación BBVA e o Instituto Valenciano de Investigacións Económicas (Ivie). A principal novidade da terceira edición é a incorporación de aquelas universidades privadas das que se dispón de información suficiente e coa calidade adecuada para que o tratamento poida ser homoxéneo respecto ás públicas no cálculo dos indicadores sintéticos. Como apuntan os promotores da listaxe, concretamente o U-Ranking incorpora once universidades privadas que cumpren estas características e analiza un total de 59 universidades, cubrindo o 95% do Sistema Universitario Español en termos de número de estudantes de grado. A análise tamén propón unha clasificación da produtividade relativizando os indicadores para facer as universidades comparables entre si independentemente do seu tamaño, o ránking ISSUE-P. Dende esta perspectiva, a USC está situada no quinto posto empatada coas universidade de Alcalá de Henares, Alacante, Córdoba, Pública de Navarra, Illes Balears, Lleida, Valencia, Jaume I e Ramón Llull. Docencia Centrando a análise nos datos dos resultados alcanzados en docencia (ISSUE-P de docencia), Santiago repite posición no grupo das universidades situadas no quinto posto, no que tamén se atopan as de Almería, Complutense, Cantabria, Córdoba, Granada, Murcia, Salamanca, Zaragoza, Miguel Hernández de Elche, Politécnica de Madrid, Pública de Navarra, Vigo, Girona, Illes Balears, Vic, Rovira i Virgili, Cardenal Herrera–CEU e Católica de Valencia. Na dimensión docente tómanse en conta os recursos dedicados a docencia como o profesorado doutor por cada cen alumnos/as, orzamento por alumno/a, relación entre profesorado doutor e total de profesorado; taxas de éxito, avaliación e abandono; tanto por cento de estudantes de posgrao ou notas de corte; alumnado estranxeiro e en programas de intercambio, entre outros. Investigación Polos resultados da avaliación da actividade investigadora –ISSUE-P de investigación- , os campus de Santiago e Lugo sitúanse no posto noveno, no mesmo nivel que os da Complutense, Huelva, Sevilla, Zaragoza, País Vasco, Pública de Navarra, Rey Juan Carlos, Ramón Llull ou La Laguna. Para esta comparación, o ránking compara os recursos públicos competitivos captados por profesorado doutor, contratos de persoal investigador sobre o orzamento total, documentos citables con referencia ISI por profesor/a doutor, sexenios totais sobre os posibles, teses defendidas por cada 100 profesores, factor medio de impacto, publicacións en coautoría internacional ou citas por documentos, entre outros datos. Innovación e Desenvolvemento Tecnolóxico

Finalmente, o ISSUE-P de Innovación e Desenvolvemento Tecnolóxico fai unha valoración de aspectos como os ingresos por licencias e por contratos de asesoramento por cada cen profesores doutores, número de patentes, ingresos por formación continua ou ingresos por contratos internacionais, entre outras cuestións. Neste apartado a de Santiago de Compostela ascende ao noveno posto das universidades españolas compartindo nivel con Cantabria e coa Politécnica de Cartaxena.

The contents of this page were updated on 03.16.2015.