A inscrición nas probas dos Certificados de Lingua Catalá remata o 14 de abril
Ata o 14 de abril permanece aberto o prazo de inscrición das probas de obtención dos Certificats de Llengua Catalana que emite o Instituto Ramon Llull e de cuxa realización na USC se encarga a Área de Catalán en colaboración co Centro de Linguas Modernas da USC. A estas probas poderán presentarse integrantes da comunidade universitaria así como calquera persoa interesada. Ao longo de maio desenvolveranse as probas correspondentes aos niveis A2 e B1 (día 23), B2 (día 9), C1 (día 30) e C2 (día 16). As persoas interesadas en acadar máis información poden dirixirse ao profesor Andratx Badia Escolà (andratx.badia [at] usc.es (andratx[dot]badia[at]usc[dot]es)) e á profesora María Mercè López Casas (mamerce.lopez [at] usc.es (mamerce[dot]lopez[at]usc[dot]es)).
Estas certificacións permiten acreditar o grao de coñecemento da lingua catalá tanto a efectos académicos como laborais para a administración pública, empresas ou institucións) e teñen a mesma validez e eficacia que as que expide a Secretaría de Política Lingüística da Generalitat de Catalunya e o Govern de les Illes Balears.