Skip to main content

Concerto de piano e relatorio sobre a música no segundo terzo do século XX no marco do ciclo MIHLSons-XXI

Vicente Uñón, pianista
Vicente Uñón, pianista
Vicente Uñón interpretará pezas de Luciano Berio e George Crumb na Casa do Saber, onde Javier María López abordará este martes a música no segundo terzo do século XX

O compositor, instrumentista e profesor de Historia da Música no Conservatorio Profesional Xoán Montes de Lugo Javier María López Rodríguez ofrecerá este martes, a partir das 20.00 horas no auditorio da Casa do Saber de Lugo, o relatorio ‘Das tendencias neoclásicas ó limiar da posmodernidade’ no marco do III Ciclo de Música Contemporánea MIHLSons-XXI.

López Rodríguez abordará na súa intervención o panorama musical no segundo terzo do século XXI e, ao seu remate, o pianista Vicente Uñón Prieto ofrecerá no mesmo escenario o concerto ‘Os elementos do makrokosmos, no que interpretará composicións de Luciano Berio e George Crumb, un programa musical que se completará con proxeccións de Xacobe Meléndrez Fassbender.

A segunda das sesións organizadas no marco do III Ciclo de Música Contemporánea de Lugo MIHLSons-XXI, un programa coordinado e dirixido por Diego Ventoso Fernández e organizado con colaboración coa USC, é de entrada libre e de gratuíta para todas as persoas interesadas.

The contents of this page were updated on 03.23.2015.