Skip to main content

O Consello de Goberno aproba este venres a oferta de dobres títulos

O Consello de Goberno reúnese este venres 27 en sesión ordinaria para tratar, entre outros moitos asuntos, a proposta de dobres titulacións de grao a ofertar o vindeiro curso académico 2015-2016. A xuntanza será ás 9.30 horas (10.00 en segunda convocatoria) no Salón Reitoral de San Xerome. Xunto a este punto someterase a aprobación a modificación da normativa sobre dobres titulacións e simultaneidade de ensinanzas oficias da USC, a proposta definitiva de oferta de prazas en másteres e novas propostas e modificacións de programas de doutoramento. O calendario académico para o vindeiro curso e a convocatoria de prazas de aloxamento no Sistema Universitario de Residencias serán outros temas da reunión deste venres.

The contents of this page were updated on 03.26.2015.