Skip to main content

Presentación de PRELO, novo servizo de préstamo de libros electrónicos

É un proxecto pioneiro na universidade española no que xunto á USC tamén participan as universidades de Burgos, Cádiz, Salamanca, León e Murcia

Dentro dun proxecto pioneiro na universidade española, a USC porá en marcha un novo servizo de préstamo de libros electrónicos cuxo desenvolvemento corresponderá á Biblioteca Universitaria e ao Servizo de Publicacións e Intercambio Científico compostelá. A plataforma PRELO (PRÉstamo de Libros Online) é unha iniciativa que a USC desenvolve en colaboración coas universidades de Burgos, Cádiz, Salamanca, León e Murcia, ás que proximamente se sumarán As Palmas e a UNED, e que conta co apoio tecnolóxico da empresa galega Xercode. As principais características técnicas da plataforma PRELO presentaranas este mércores 8 en rolda de prensa o vicerreitor de Comunicación e Coordinación, Xosé Pereira, e a vicerreitora de Investigación e Innovación, Isabel Rodríguez-Moldes Rey, nun encontro cos medios de comunicación ás 11.00 horas na Sala de Prensa do Colexio de San Xerome. Tamén participarán a directora da Biblioteca, Mª Isabel Casal Reyes, e o director do Servizo de Publicacións, Juan Blanco Valdés. O fondo inicial ao que terán acceso os usuarios e usuarias está integrado por 1.094 exemplares, que se irá ampliando coas sucesivas compras que se realicen.

The contents of this page were updated on 04.07.2015.