Skip to main content

Presentación en Lugo da oferta académica da USC para o curso 2015-2016

O reitor da USC, Juan Viaño Rey, presentará este mércores 23 de xuño, a partir das 11.00 horas, no auditorio da Casa do Saber de Lugo, a oferta académica da Universidade de Santiago para o curso 2015-2016.

O vicerreitor de Coordinación do campus de Lugo, Javier Bueno Lema, tamén intervirá na rolda de prensa de presentación dos diferentes títulos universitarios que se poderán cursar o vindeiro exercicio académico nos campus de Lugo e de Compostela da USC.

The contents of this page were updated on 06.23.2015.