Skip to main content

Reunión ordinaria do Consello de Goberno da USC

O Consello de Goberno da USC reúnese este martes 30 no Colexio de San Xerome para tratar asuntos relacionados na súa maioría con titulacións de grao e máster e programas de doutoramento. Entre outras cuestións, a partir das 9.30 horas (en primeira convocatoria) ese órgano universitario colexiado someterá a aprobación a modificación do regulamento de dobres titulacións e as propostas de novos títulos de máster. Tamén se tratarán as modificacións de titulacións de grao, máster e programas de doutoramento para o vindeiro curso 2016-2017.

The contents of this page were updated on 06.29.2015.