Skip to main content

'Miscela Vitrea', arte en vidro de Julia Ares

'Miscela Vitrea', arte en vidro de Julia Ares
'Miscela Vitrea', arte en vidro de Julia Ares
A exposición inaugúrase este venres 6 ás 20.00 horas no Colexio de Fonseca

Un relato de Plinio el Viejo no século I ofrece un dos primeiros testemuños sobre a historia do vidro, un material reivindicado dende hai anos polos artistas contemporáneos. Entre eles Julia Ares, que leva décadas traballando dende diferentes iconografías estilísticas diversas técnicas de lume como o esmalte sobre metal, vidro fusionado ou vidro termoformado, conxugando a complexidade do procedemento cunha estética suxestiva. Nunha retrospectiva con máis de trinta pezas de distintos formatos, entre as que destaca o motivo do mar como referente, se mostra en Fonseca a obra en vidro desta artista que conta na súa traxectoria con obra exterior ben coñecida como as 1.300 farolas realizadas para o Paseo Marítimo da Coruña, onde tamén está situada a súa escultura Arco Iris realizada en esmalte a lume sobre metal, aceiro e pedra. Destacan tamén o mural ‘ Mar Celta’ para a sede central da CECA en Madrid e a obra ‘Ophiusa’ emprazada en Castellón, unha escultura de auga e luz en vidro fusionado e aceiro. Julia Ares recibiu numerosos premios e mencións nacionais e internacionais como o galardón obtido na Bienal Internacional do Esmalte de Limoges (Francia), o Premio CEARA da Asociación de Artistas de Bos Aires (Arxentina) e os recoñecementos en todas as categorías –Chairman award, Award for artistic Word e Premio especial do xurado­– do Royal Museum of Ueno (Tokyo).

A mostra ‘Miscela Vitreo’, comisariada por Mercedes Rozas e José Luis Rey, inaugúrase este venres 6 ás 20.00 horas no Colexio de Fonseca. Poderá visitarse ata o 11 de abril de luns a sábado de 11.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.00 horas.

The contents of this page were updated on 03.05.2015.