Skip to main content

Un curso de verán promove a utilización da videocreación nas escolas

Un curso de verán promove a utilización da videocreación nas escolas
Un curso de verán promove a utilización da videocreación nas escolas
UNIVERSIDADE DE VERÁN 2015

Aproximarse ás categorías e prácticas actuais da vídeo creación e promover a súa utilización nas aulas é o obxectivo do curso de verán que se desenvolverá na Facultade compostelá de Ciencias da Educación (Campus Norte) entre os días 22 e 24 de xuño e que pecha o prazo de matrícula este venres 12. Como relatores e relatoras participarán numerosos docentes universitarios e de Institutos de Educación Secundaria, que exporán a cuestión dende a súa propia experiencia no centro no que traballan. Ademais, están previstos tres obradoiros prácticos sobre guión e story board; a deconstrución temporal na creación dunha peza de vídeo creación, vídeo danza ou stop-motion; e a edición da peza.

The contents of this page were updated on 06.09.2015.