Volta ás aulas de Medicina 50 anos despois
Os antigos alumnos de Medicina da USC que remataron os seus estudos en 1965 reúnense este venres en Santiago para celebrar as vodas de ouro da promoción. A xornada comezará ás 10.00 horas cunha xuntanza na Facultade co actual decano, Juan Gestal Otero. Xa ás 12.30 horas terá lugar no Salón de Graos un acto académico no que, ademais do decano, intervirán a presidenta da Asociación de Antigos Alumnos e Amigos da USC, Benita Silva Hermo, e os representantes do profesorado da promoción, ous doutores Peña Guitián e Sánchez Salorio. Como representantes dos antigos compañeiros da promoción participarán Cabanela González-Seco e Noya García. A xornada rematará ás 18.00 horas unha visita ao Recanto da Saudade onde descubrirán unha placa conmemorativa.