Acto de graduación da sétima promoción do máster en Dirección de Proxectos na Escola Politécnica Superior
A Escola Politécnica Superior do campus de Lugo da USC celebrará este venres, a partir das 18.00 horas, o acto de graduación da sétima promoción do máster en Dirección de Proxectos, un posgrao oficial da USC que nesta última edición rexistrou un total de 22 matrículas.
O vicerreitor de Desenvolvemento Científico e Tecnolóxico do campus de Lugo, Andrés Barreiro Lois; o director da EPS, Tomás Cuesta García; a vicepresidenta en funcións da Deputación Provincial de Lugo, Lara Méndez, e o director do máster en Dirección de Proxectos, Carlos Amiama, participarán na clausura da última edición do máster, un acto que contará tamén coa presenza do profesorado deste programa. A sesión académica, que se desenvolverá na sala de xuntas da Escola Politécnica Superior do campus de Lugo, servirá tamén para proceder á entrega de premios aos mellores traballos de final de máster presentados polo alumnado da das dúas últimas edicións deste posgrao, que conta con financiamento da Deputación Provincial de Lugo.