Presentación do libro 70 anos de historia de la Medicina académica en Compostela
O libro ’70 anos de historia de la Medicina académica en Compostela’ presentarase o luns 22 nunha sesión protocolaria ás 13.00 horas no Salón de Graos da Facultade de Medicina da USC que presidirá o reitor Juan Viaño. Na presentación intervirán ademais José Cabezas Cerrato en representación dos coodinadores do libro; o xerente do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago, Luis Verde Remeseiro; o decano da Facultade de Medicina, Juan Gestal; e o director do Departamento de Medicina, José Castillo Sánchez.