Skip to main content

O ILG da USC e a Universidade de Aveiro reforzaron nun congreso internacional a investigación no ámbito da xeoprosodia das linguas románicas

Reforzar, divulgar e dar continuidade a investigacións no ámbito da xeoprosodia das linguas románicas, nomeadamente do galego e do portugués, foi o cometido do Coloquio Internacional de Xeoprosodia do portugués e do galegoque se celebrou estes días en Aveiro organizado polo Instituto da Lingua Galega da USC e o Centro de Linguas, Literaturas e Culturas da Universidade desa cidade portuguesa. Na sesión final que tivo lugar o venres compartíronse os resultados obtidos nos últimos tempos no marco da investigación internacional que se está a desenvolver sobre variación prosódica, análise contrastiva e cartografía nas diferentes linguas románicas. No encontro participou persoal investigador do ILG, do grupo de investigación MODESTYA e da rede de investigación Tecandali, todos da USC, ademais de expertos procedentes de universidades e centros de investigación portugueses, cataláns, franceses, brasileiros e italianos. Ademais da profesora Elisa Fernández Rei, que asistiu ao congreso en calidade de integrante das comisións organizadora e científica, tamén interviñeron no encontro os investigadores do ILG Francisco Dubert, Xulio Sousa, Alba Aguete e César Osorio.

The contents of this page were updated on 06.22.2015.