Skip to main content

A Fundación USC Deportiva organiza en Lugo un curso básico de manexo de GPS aberto á participación de dez persoas

As persoas interesadas en participar nesta actividade, que se desenvolverá os días 5 e 12 de xuño, poden formalizar a súa inscrición na web www.fundacionuscdeportiva.org

A Fundación USC Deportiva organizará o vindeiro mes de xuño una nova edición do curso básico de manexo de GPS na Aula Universia da Biblioteca Intercentros do campus de Lugo. As persoas interesadas en participar nesta actividade formativa, a través das que se pretende que as persoas que dispoñan dun GPS aprendan a sacarlle o máximo partido a partir de dúas sesións teóricas e dúas probas de campo, poden formalizar xa a súa inscrición a través da páxina web www.fundacionuscdeportiva.org.

O curso será impartido por Javier Aradas Mariñas, técnico de sendeiros pola Federación Española de Montaña e Escalada e a Escola Española de Alta Montaña, ademais de coordinador da sección de Actividades de Natureza da Área de Deportes da Universidade da Coruña. A duración total do curso será de 9 horas, repartidas en dúas xornadas formativas que se desenvolverán os días 5 e 12 de xuño. O custo da xornada é de 45 € e as prazas son limitadas a un máximo de 10 participantes, polo que se recomenda realizar a reserva de praza o antes posible xa que se respectará rigorosamente a orde de inscrición para a súa adxudicación.

The contents of this page were updated on 05.25.2015.