Skip to main content

O compositor Carlos Suárez presenta este xoves na Casa do Saber o traballo ‘Ars Poética. Electroacústica e obxectos preparados’

Carlos Suárez
Carlos Suárez
O segundo dos concertos programados no ciclo ‘Sons Creativos’ comezará ás 20.00 horas e a entrada é libre e de balde ata completar aforo

O compositor Carlos Suárez presentará este xoves, a partir das 20.30 horas, no auditorio da Casa do Saber o seu último traballo creativo ‘Ars Poética. Electroacústica e obxectos preparados’, no marco da sétima edición do ciclo ‘Sons Creativos”, un programa centrado na arte sonora e electroacústica organizado ao abeiro do convenio Lugo Cultural, no que participan como entidades financiadoras a USC xunto co Concello de Lugo e a Deputación Provincial de Lugo. A actuación de Carlos Suárez estará precedida unha sesión de escoitas, durante a que o público asistente poderá gozar as creacións electroacústicas ‘Hydatos’, ‘Mahakala Sadhana’ e ‘Et Ignis Involvens’, cuxa autoría corresponde ao tamén compositor portugués Joáo Pedro Oliveira. Unha vez rematada esta sesión auditiva e antes de comezar co concerto de presentación do seu útlimo traballo ‘Ars Poética. Electroacústica e obxectos preparados’, Carlos Suárez manterá unha conversa co público para falar da súa evolución artística e do seu traballo estético. Na súa intervención, Suárez expoñerá algunhas das ideas que conforman a estrutura conceptual do seu discurso, ao tempo que sinalará o seu cometido como elementos catalizadores do seu traballo creativo.

The contents of this page were updated on 05.06.2015.