Skip to main content

Un curso en liña achega ferramentas e prácticas para a comercialización directa de tecnoloxías e resultados de investigación

Entre o 13 de maio e o 17 de xuño, o programa Uniemprende organiza un curso en liña que adestrará ao alumnado en ferramentas e prácticas para a comercialización directa de tecnoloxías e resultados de investigación, a detección de potencial clientela e a valoración de tecnoloxías. Co lema ‘Véndese: guía práctica para a comercialización de resultados de investigación’ esta é unha acción formativa dirixida a persoal que traballe en oficinas de Transferencia de Resultados de Investigación, na área de asesoramento á creación de empresas ou a emprendedores/as de proxectos tecnolóxicos de carácter innovador, entre outros. O programa docente combinará a docencia teórica cun bloque práctico no que o alumnado realizará exercicios e resolverá casos prácticos individuais e no que tamén se contempla a participación en foros e na interacción co resto de asistentes. As persoas interesadas poden acadar máis información na web e inscribirse ata o 11 de maio.

The contents of this page were updated on 05.07.2015.