Skip to main content

O profesor José Ángel Docobo retrata as cores da vida nunha exposición en Fonseca

O profesor José Ángel Docobo retrata as cores da vida nunha exposición en Fonseca
O profesor José Ángel Docobo retrata as cores da vida nunha exposición en Fonseca

Co título ‘As cores da vida’ o profesor da Universidade de Santiago José Ángel Docobo inaugura este xoves 7 unha mostra fotográfica. O acto terá lugar ás 20.30 horas no Claustro alto de Fonseca (primeiro andar, entrada polo ascensor da Biblioteca Xeral) e nel estará acompañado polo reitor Juan Viaño. A exposición, aberta ata o 29 de maio, consiste en 81 fotografías de temas cotiás moi diversos nas que destaca a cor e coa que o autor quere transmitir que “hai outro modo de pasar por esta vida, recreándonos en cousas e detalles que nos poden pasar desapercibidas ou que no lles damos importancia”.

The contents of this page were updated on 05.07.2015.