Presentación da programación de cursos da Universidade de Verán da USC
A USC presentará este martes 12 en rolda de prensa a programación de cursos que conforman a oferta da Universidade de Verán en 2015. Serán en total 60 os cursos, a desenvolver en 8 localidades ademais de Santiago e Lugo. Os detalles da convocatoria ofreceranos o vicerreitor de Oferta Docente e Innovación Educativa, Roberto López, e o director da Área de Cultura da USC e responsable da programación de verán, Pablo Sampedro, nun encontro cos medios que comezará as 11.00 horas na Sala de Prensa do Colexio de Fonseca.