Imposición de becas no Colexio Maior Fonseca
O reitor da Universidade de Santiago, Juan Viaño, presidirá este martes 12 a partir das 20.15 horas o acto académico de imposición de becas do Colexio Maior Fonseca. Na cerimonia, o doutor da Clínica Mayo (Estados Unidos) Santiago Romero Bufrau impartirá a conferencia ‘Colaboración e mellora permanente. Leccións da Clínica Mayo’.