Skip to main content

As aplicacións da estatística e da investigación de operacións no sector agroalimentario centraron un congreso en Lugo

Imaxe da inauguración a pasada semana en Lugo
Imaxe da inauguración a pasada semana en Lugo

As aplicacións da estatística e da investigación de operacións no sector agroalimentario, área de especialización do campus de Lugo, centraron a duodécima edición do congreso galego que organizou nesa cidade o Departamento de Estatística e Investigación Operativa da USC en colaboración coa Sociedade Galega para a Promoción da Estatística e da Investigación de Operacións (SGAPEIO).

As conferencia plenarias de Jorge López e Julio González amosaron no encontro o importante papel que poden xogar a estatística na industria alimentaria e a investigación operativa na toma de decisións para optimizar a planificación de grandes proxectos industriais. Pola súa banda, Philippe Vieu e Mónica Bécue explicaron técnicas para extraer información relevante das mostras de datos funcionais, moi comúns nas análises quimiométricas dos alimentos, e para a análise estatística de datos sensoriais obtidos mediante paneis de catas. A introdución a estas técnicas facilitárona o taller de R para datos funcionais, impartido por Manuel Oviedo, e a cata de viños e o taller de FactoMineR coordinados por Josep A. Sánchez e Mónica Bécue.

No congreso houbo ademais dúas mesas redondas nas que interviñeron representantes de importantes empresas galegas do sector da alimentación (Estrella Galicia e GADISA) e de organismos moi relevantes no ámbito da saúde pública en Galicia (CHUS e Laboratorio de Saúde Pública de Galicia) así como membros de servizos de asesoramento estatístico de Galicia, tanto da empresa (Biostatech) coma do sector público, do ámbito universitario (Servizo de Consultoría Estatística da USC) e da saúde pública (unidades de Epidemioloxía do CHUS e do CHUAC).

Na sesión de comunicacións de novos investigadores os primeiros premios outorgados pola SGAPEIO foron para Paula Raña e Ángel M. González.

The contents of this page were updated on 11.05.2015.