Skip to main content

A USC leva a filosofía á rúa

Coincidindo o 19 de novembro co Día Mundial da Filosofía, a facultade compostelá celebra por primeira vez unha serie de actos nos que levarán a próxima semana a filosofía a distintos puntos da cidade.

‘Filosofía na rúa’ presentarase o vindeiro luns 16 ás 13.00 horas no salón de actos da propia facultade (Praza de Mazarelos) nun evento aberto aos medios de comunicación. Esa mesma xornada pero xa pola tarde, ás 19.30 horas, terá lugar no Paraninfo da Universidade o recital ‘Fritz. Seis pezas para piano de Friedrich Nietzsche’ a cargo de Pablo Seoane. As actividades do luns rematan co obradoiro ‘Falar do que non se pode falar. A experiencia do baleiro na filosofía da India e no atomismo grego’ que impartirán Kali Ferández e Javier Turnes ás 21.00 horas co SCQ Café Bar (Rúa das Orfas, 2).

The contents of this page were updated on 11.13.2015.