Skip to main content

A residencia universitaria Jesús Bal y Gay, punto de recollida de xoguetes da campaña de Bonhomía ‘Ningunha árbore baleira’

Fachada da residencia universitaria Jesús Bal y Gay
Fachada da residencia universitaria Jesús Bal y Gay

A residencia universitaria Jesús Bal y Gay do campus de Lugo da USC será un dos puntos de recollida no que as persoas que participen na campaña ‘Ningunha árbore baleira’, promovida pola asociación Bonhomía e coa que se pretende que os nenos e nenas de fogares lucenses con maiores dificultades económicas poidan recibir o seu agasallo durante as próximas festas de Nadal. A residencia universitaria Jesus Bal y Gay pasará a ser así punto de recollida de xoguetes no campus de Lugo, un labor para o que conta co apoio do Servizo de Participación e Integración Universitaria da USC. Esta iniciativa, que trata de manter viva a tradición da noite de Reis, conta ademais co apoio doutras tres oenegés luguesas expertas na atención especializada a sectores da poboación vulnerables, como o son Aliad- Ultreia, Fundación Secretariado Xitano e Alar Galicia. Para poder participar na campaña ‘ Ningunha árbore baleira’, as persoas interesadas deberán rexistrarse previamente na páxina web da asociación Bonhomía antes do 30 de novembro. Logo, ao longo da primeira semana de decembro as persoas participantes recibirán unha carta de reis con información sobre o agasallo escollido. Esta campaña solidaria que vén de lanzar asociación Bonhomía na capital luguesa contou tamén coa colaboración dos actores do taller de arte dramático do IV Ciclo da USC no campus de Lugo Raúl Fariñas e Alicia Ferreiro, que participaron na creación do spot que xa pode verse nas redes sociais.

The contents of this page were updated on 11.13.2015.