Skip to main content

A EPS colabora con Eroski e Down Coruña nun plan de inserción laboral de persoas con capacidades diferentes no sector agrícola

Dolores Vázquez, á dereita, con representantes de Eroski, Down Coruña e produtores hortícolas
Dolores Vázquez, á dereita, con representantes de Eroski, Down Coruña e produtores hortícolas

A Escola Politécnica Superior do campus de Lugo da USC colabora coa Asocición Down Coruña, Velgasa-Eroski e a compañía Hortalizas Roberto López nun programa ‘We la alegría de la huerta’, unha iniciativa experimental de carácter formativo e orientada a favorecer a empregabilidade de persoas con capacidades diferentes no sector agrícola. A participación da EPS neste proxecto céntranse en labores de formación, supervisión e asesoramento dos programas formativos articulados para que os membros de Down Coruña seleccionados para tomar parte neste programa adquiran as nocións teóricas e prácticas preceptivas para logo desenvolver diversos cometidos laborais tanto nas explotacións agrícolas como, nunha fase posterior, na realización de estadías en prácticas nos supermercados Eroski-Center, da compañía Vegalsa-Eroski, que achega 20.000 euros para o desenvolvemento deste programa. O proxecto ‘We, la alegría de la huerta’, que vén de ser presentado na Coruña e no que participan como asesores da USC os profesores da EPS Tomás Cuesta, Elvira López Mosquera e Adolfo Fabal, é unha iniciativa enmarcada en el programa de Responsabilidade Social Corporativa de Vegalsa-Eroski, a través da que se creará a nova marca comercial denominada ‘We la alegría de la huerta’, que inclúe un abano especial e diferenciado de produtos agrícolas e hortícolas que se comezará a comercializar na rede de supermercados Eroski Center a partir do mes de decembro. O programa, que presenta unha estrutura cíclica (tres semanas de formación teórica, catro semanas de estadía en prácticas en explotacións hortícolas e presenza en superficie comercial), podería replicarse nas distintas cidades e principais vilas de Galicia unha vez probado o éxito e a acollida por parte do público da experiencia inicial posta en marcha na Coruña. A implicación directa da USC no proxecto ‘We la alegría de la huerta’ a través da Escola Politécnica Superior do campus de Lugo reforza se cabe a colaboración existente entre a USC e Down Galicia, en cuxo padroado está presente a institución académica compostelá. Esta vinculación entre USC e Down Galicia quedou visible coa presenza da vicerreitora de Estudantes, Cultura e Responsabilidade Social da USC, Dolores Álvarez, na presentación da campaña ‘We la alegría de la huerta’.

The contents of this page were updated on 11.13.2015.